Friends

Espazo Scratch

https://scratch.mit.edu/

Código Octopus

Código Octopus é unha fonte de recursos en galego para o profesorado de calquera materia que desexe introducir a programación nas súas clases. Contén material para aprender a programar en Scratch en Educación Primaria e Educación Secundaria.
http://www.tecnoloxia.org/codigooctopus/

Scratch. Un achegamento á linguaxe computacional

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolvida polo MIT Media Lab.
Scratch axuda aos estudantes no desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen necesidade de saber do programa. As súas características ligadas ao pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido actualmente na educación,servindo de trampolín cara ao máis avanzado mundo da programación.
 Pódense ver os diferentes proxectos existentes na web de Scratch, modificalos e mesmo probalos
sen chegar a gardar os cambios xa que non require ningún tipo de rexistro.
Vantaxes

  • Permite o desenvolvemento dos procesos de pensamentos e habilidades mentais nos educados.
  • É un programa gratuíto e de software libre.
  • É perfecto para introducirse na programación.
  • Está dispoñible para varios sistemas operativos. (Windows, Ubuntu, Mac)
  • Permite compartir os proxectos a través do web, pódense descargar e utilizar. Podendo ser descargados e utilizados por outras persoas.
  • É multilinguaxe.
  • Educativamente falando, os beneficios son unha gran cantidade pero poderíase destacar o desenvolvemento do pensamento lóxico no alumnado, fomenta a creatividade, mellora a habilidade de comprensión dos nenos, facilita o pensamento sistémico e, en xeral, mellora o rendemento escolar.
Para instalar Scratch, clica aquí

Enquisa


Gammificar a aprendizaxe con Kahoot!

Utilizar Kahoot en clase é unha forma extraordinaria para gamificar a aprendizaxe. O que é unha proba lineal e aburrida para os alumnos podemos convertela en algo divertido, onde a competición e o xogo están en primeiro lugar? e se te divirtes, aprendes máis.
Paquetes de preguntas, con temáticas diversas e que se adaptan a todo tipo de niveis e idades. Se non atopas o que necesitas, podes créalo. En Kahoot poderemos crear concursos con preguntas e que os noso alumnado se una para xogar. Como empezar a utilizar Kahoot? Segue lendo para descubrilo.
A plataforma de Kahoot! está formada por dúas páxinas web, unha chamada getKahoot! que será a que utilizará o profesor, e outra simplemente Kahoot.it que é a que os alumnos utilizarán para entrar en cada partida.
Necesítanse como mínimo, para poder xogar, unha pantalla donde se mostrarán as cuestións, e un ordenador ou tablet para contestalas.

Aquí deixámosvos un tutorial para ver o seu funcionamento.

Camiños de lecturas

Reseña do proxecto "Camiños de lecturas", 



Crear textos GIF

Ferramentas en liña para crear textos GIF gratis e fácil